PAPÁ É...

Aarón: Papá é un sol, porque me leva a moitos sitios: a San Cosme, a Tui, a Portugal...
Ana: Papá é unha estrela fugaz, viaxa polo espacio, é un corazón
Andrea: Papá é unha lúa
Nico: Papá é un mundo, porque dentro hai auga, animais...
Iñigo: Papá é unha lebre ( rí ), porque corre moito, lévame a cabalo enriba e comeza a correr moito
Michael: Papá é un pino porque leva a Sarai e a min no cabalo e non dobra
Kike: Papá é unha moto, porque corre moito como unha moto
Pablo: Papá é un xenio

MOITA SORTE NO NOVO COLEXIO!!!

Hoxe despedimos a Iñigo, porque vaise vivir a Vigo, e comezará a ir a un novo colexio...



    


Fixémoslle un agasallo: a flor da amizade... e o seu libro favorito: A toupiña.

E él tamén deixounos algo:
 

                 
          Profe Sonia                                                 Profe Bea

Para Taborda...

Espero que os guste....

XOGOS PARA TRABALLA-LA EXPRESIÓN ORAL . PARTE III

Outro xogo que nos ensinou a profe Mª Jesús foi o de desprazar unha pelotiña só co noso sopro...

XOGOS PARA TRABALLA-LA EXPRESIÓN ORAL . PARTE II

XOGOS PARA TRABALLA-LA EXPRESIÓN ORAL . PARTE I

Coa profe Mª Jesús estamos aprendendo novos xogos que teñen como fin mellora-la expresión oral . Un deles consiste en poñer unhas tarxetas con palabras debaixo dos bolos ou botellas e lanzar unha pelota para tiralos. Entón temos que recolle-las tarxetas que estaban baixo os bolos que caeron e inventar un conto ou historia con elas.

DISFRUTANDO...

AUTORRETRATO

A Estela gústalle pulsar o disparador da cámara e prepararse rápidamente para saír na súa foto...


¿ DE QUÉ ESTARÁN A ESCAPAR ?

PROFE BEA EN MINIATURA

TRISTEMENTE

" Tristemente " é outro título dun poema de Lois Pereiro, autor homenaxeado neste ano no día das Letras Galegas. Preguntámonos porque estaría triste:

Estaría só ( Iñigo )
Morrendo ( Andrea )
Non teño comida ( Pablo )
Non teño auga ( Estela )
Non teño can ( Aarón )
Non teño gato ( Nico )
Morreu alguén ( Andrea )
Durmo no chan ( Aarón ).

QUÉ É O DESAMOR

Traballando títulos de poemas de Lois Pereiro, xurdíu a pregunta ¿ qué é o desamor ?. As respostas non van mal encamiñadas:

É estar separados, separación ( Andrea )
Discusión ( Andrea )
Pelexas ( Aarón )
A veces un pouco decepcionados ( Iñigo )
Enfadados ( Aarón )

A TI, PROFE BEA

Palabras bonitas para sanar a unha profe:

Profe Bea, eres un sol
Profe Bea, eres unha estrela
Profe Bea, eres o mar
Profe Bea, eres un sol de primaveira
Profe Bea, eres un corazón
Profe Bea, eres a area da praia
Profe Bea, eres unha fror
Profe Bea, te queremos moito

Ponte ben pronto...

CANTO APRENDO CANDO NON ME ENSINAN!!!

A mellor forma de aprender é a través dos propios intereses, en contacto cos compañeiros/as e sen ninguen que che diga qué o que tes que facer. Este é un bo exemplo de cómo bailar, simplemente imitando ... Se os adultos estiveramos preparando unha coreografía e " impoñendo " os pasos de baile non aprendería nen a mitade... E isto é aplicable a tódolos aprendizaxes!!!!