DÍA DO LIBRO


Gústanos ler no patio...


DÍA MUNDIAL DA TERRA






Recollimos lixo no noso contorno e no noso patio


Descalzos sentímonos moi cerca da natureza...



Metemos o "mundo" nunha bolsa de lixo e rodeámolo de desfeitos, representando así o estado da nosa terra.



Logo quitámoslle todo o que non queremos e puxemos frores

CESTERÍA

Ensináronnos o arte da cestería...

LECTOESCRITURA: REQUISITOS

Neste curso, o equipo de orientación deunos unhas pautas a ter en conta para que os nenos adquiran unha boa linguaxe oral e escrita. É interesante botarlle un vistazo no blogue deste equipo:

http://ecosombras.blogspot.com/2010/04/blog-post_17.html

O QUE NUNCA SE ESQUECE VIVE PARA SEMPRE





Germán,o pai de Andrea máis outro veciño da parroquia, tamén chamado Germán, preparáronnos unha xardinera no patio para que puideramos plantar algunhas plantas que trouxeron os nenos e nenas...



CREAMOS OS NOSOS CONTOS

Durante o 2º trimestre cada neno e nena fixo o seu propio libro.Primeiro debuxaban unha páxina do conto e cando remataban de pintala coas acuarelas grababan co micrófono a historia que imaxinaban nela. A finalidade desta actividade non é lóxicamente a calidade literaria, senón que os nenos e nenas se expresen a través do debuxo, por un lado, e por outro traballala linguaxe oral con todo o que iso conleva: construcción de frases, entoación, pausas...así como o medo a expresarse diante dun micrófono, coñecelo son da súa propia voz e superala vergoña de escoitarse a sí mesmos.

CONTOS DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS


DIEGO



ÓSCAR






CONTOS DOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS


NICOLÁS







ANDREA






ANA






CONTOS DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

RAQUEL




IÑIGO



A RATIÑA PRESUMIDA

Estamos preparando unha obra de teatro baseándonos no libro de Kalandraka " A ratiña presumida ". O venres decidimos ensaiar co micrófono para escoitalas nosas voces e os sons dos instrumentos que tocamos e asociamos con cada animal;foi moi divertido...
(Podedes escoitalo dándolle o play.)