Chegou o nadal!!!!!!!

OS NENOS E NENOS DE TABORDA QUEREMOS DESEXARVOS UN BO NADAL!!!!! E UN FELIZ 2011.....VOLTAMOS EN XANEIRO!!!!!

CreArte

Comezamos a traballar na aula creativa, en Vilameán..






PEQUENOS XARDIÑEIROS

Dentro do programa Voz Natura, tiñamos previsto a prantación dun magnolio e un camelio, e o venres foi o día...

COÑECEMOS O ENTORNO QUE RODEA Á NOSA ESCOLA

Neste mes , saímos a coñecer as árbores e prantas que nos rodean...

SENSACIÓNS

Hoxe AArón explicounos o proceso de elaboración do viño, e disfrutamos moito esmagando as uvas coas mans e cos pés. Só hai que ve-las caras.!!


UNHA VISITA INESPERADA

Como sabedes, o curso pasado tiñamos unha mascota " misteriosa" que viña á nosa aula e nos deixaba agasallos. Sabiamos algo da súa historia, pero non logramos descubrir qué animal era. Píntámoslle unha casiña para que puidera vivir e esta semana sorprendeunos coa súa visita.



PRIMEIRAS ACTIVIDADES

Hola a todos/as!!!!!! Xa estamos de volta un ano mais e temos moitas ganas de que vexades todo o que fixemos neste mes de Setembro....Temos 4 compañeiros e unha compañeira nova, chamanse Pablo, Cristobal, Enrique, Michael e Estela. Ata o de agora estamos traballando na clasificación e orden dos materiais da escola, a decoración da clase, psicomotricidade no patio, no uso das novas tecnoloxías(cámara, ordenador, videocámara, micrófono......), e axudando na adaptación dos nosos novos amigos e amiga, que é un pouco dificil tanto para eles como para nós, pero temos que dicir que o levamos xenial!!!!!!!! Xa que eles están aprendendo moi rápido as normas do cole e pasiño a pasiño van integrándose no noso grupo...



UN NOVO CURSO

Queridas familias, nenos e nenas e compañeiros/a:

Benvidos o novo curso 2010-11. Este ano contamos con 7 nenos e 4 nenas na aula. Procuraremos que tódalas actividades interesantes ou divertidas que fagamos, as poidades disfrutar no noso blogue.
Eso sí, a cambio gustaríanos que fagades algún comentario dirixido os rapaces e rapazas da clase, xa que son eles os protagonistas e os encargados de face-las fotos, seleccionalas e subilas ó noso blogue.

Moitas gracias.

VACACIÓNS


Vémonos en setembro!!!!

REMATE DE CURSO



O curso rematou e agora é momento de tomar folgos, reflexionar e disfrutar das vacaciónssssssssss!

Botaremos de menos a Diego, Óscar, e Paula e desexamos que disfruten moito no cole de Sobrada.

REPEEETIMOSSSSSSS!!!!!

Como nos gustou tanto esta actividades, para remata-lo curso volvimos facela.



VISITAMOS O ZOO DE VIGO

Pois ó final as condicións metereolóxicas permitíronnos ir ó zoo de Vigo







VISITAMOS UN GALIÑEIRO

Os pais de Diego invitáronnos a visitar o seu galiñeiro.Puidemos ver 30.000 galiñas xuntas.
Alí nos explicaron cómo funcionaban as máquinas para botarlles o pienso, os bebedoiros, a temperatura adecuada para as galiñas...
Ademáis, tiñannos preparada unha merendola moi especial: galletiñas saladas, patatillas, palomitas, kas...
O pasamos XENIAL!!!!



CONTACONTOS EN BARRO

O vennres estivemos na escola de Barro porque veu visitarnos un contacontos. Mentres non chegaba, fixemos algunhas actividades relacionadas cos contos e o teatro. Estivemos moi atentos ó que facían outros nenos e nenas no teatrillo, puidemos ver unha parte da obra que están a preparar os nenos de Vilameán, e nós tamén representamo-la nosa..






Ademáis como era o cumpreanos dunha nena de Vilameán comimos uns deliciosos postres...


O POLO PEPE

O POLO PEPE COME MOITO CEBADA
POR ESO TEN UNHA ENORME
BARRIGA
O POLO PEPE
COME  MOITO  MOITO TRIGO
 POR   ISO  TEN  UN  GRANDE   E     FORTE
EL POLO 
PEPE come MOITO  MIYO 
POR  ISO  TEN 
UNAS  GRANDES
PIERNAS
PERO SI CREES  QUE   EL  POLO  PEPE   ES  GRANDE    MIRA  COMO    ES
SU,,,,   MAMA

ES   CRITO  POR 
DIEGO DOMINGUEZ  DIZ
  OSCAR
 PAULA
   ANDREA  

CAIXA SORPRESA

hoxe o bichiño nosdeixou libros  montondelibros un libro setitula animales fantasticos   es cola  de  taborda

ESCRITO POR:
diego dominguez diz
oscar  calzado  mouron
paula tejido domigez

VISITAMOS UNHA HORTA ECOLÓXICA

A semana pasada os nenos e nenas de Taborda e Piñeiro fomos visitar unha horta ecolóxica dun veciño de Taborda.






























Tiña un espantallo ó que os nenos chamaron "espantanenos ". Mirade por qué...







Germán ensinounos tamén o seu " museo " de arpeiros antigos de labranza  ...




E tamén explicóunos cómo se sacaba a auga dos pozos de maneira manual hai uns anos ...






SEN COMENTARIOS



CLASIFICACIÓN DE ANIMAIS

Como o mércores imos o zoolóxico de Vigo, estivemos a ver os distintos animais que alí hai na páxina web
http://www.vigozoo.com/.  No enlace "animales" veñen clasificados e ademáis hai fotos e explicacións sobre o seu hábitat, alimentación...

NICK O RAPAZ SEN BRAZOS NIN PERNAS

Hoxe vimos esta mostra de superación:




Nós, tamén probamos a facer un debuxo sen utiliza-las nosas mans, e dímonos conta do difícil que é.





e se pica o nariz, rascamos contra a perna

CHAMOME DIEGO

e a primeira vez que es cribo  na  pajina guep do cole mencanta
diego

VISITA Á POLICÍA

O venres fomos visita-la policía local e protección civil de Tomiño. Algúns ían con un pouco de medo, pero pronto puideron ver que a policía está para axudarnos. Deixáronnos entrar no seu coche, proba-la sirena, a radio e tocar TODO. Entramos a ver cómo era o seu centro de traballo e ensináronnos as cámaras, taquillas, o armero... Despois os membros de protección civil tamén nos deixaron entrar no seu camión, tocamos o can que teñen para atopar desaparecidos e fixéronnos unha festa de espuma.


PEDRA DOS DESEXOS II

Decidimos crear unha caixa de barro para garda-la nosa pedra tan especial e tela nun caixón do noso dormitorio.

Mirade qué bonitiñas quedaron...







Estas son as fotos de todo o proceso de elaboración:

ESTRELIÑA DE FISTERRA

Dende que Anxo Moure veu visitarnos ó CRA, de cando en vez lemos algún dos contos solidarios.

Gústannos moito porque falan do respeto á Natureza, da Paz e doutros valores. Con plastillina fixemos algúns peixes do noso río e tamén a Estreliña de Fisterra que é protagonista dalgunha das súas historias.


PEIXES DO RÍO MIÑO


                                                      
ESTRELIÑAS DE FISTERRA ( CADA UNHA Ó SEU ESTILO )