ALGUNHAS CREACIÓNS

Estas son algunhas das obras de arte dos nosos e nosas artistas...

VISITAMOS ÁS ESCULTURAS DE IGNACIO MOURE

Fomos cos nenos e nenas de Vilameán ó auditorio de Goián, , onde están expostas as esculturas de Ignacio Moure. Alí estaba él, esperando por nós para explicarnos cómo fixo e que representan cada unha das súas obras .

MÁIS ESCULTURAS

Seguimos co traballo do volumen. Así que cada neno e nena foi collendo libremente o material que quería para face-la súa propia creación...

VISITAMOS O VIVEIRO DE AREAS

Comezamos a primaveira visitando o viveiro de Areas, onde nos ensinaron moitas cousas sobre o coidado das árbores e prantas.

MIGALLAS

O luns fomos ver ó dúo Migallas á casa da cultura de Tomiño e cantamos unhas cancións con eles...




ESCULTURA CINÉTICA

Clara, a orientadora do noso cole, veu á nosa clase para introducirnos no mundo da escultura.
O pasamos moi ben recollendo elementos da natureza do noso patio e montando entre todos unha escultura que ten movemento. Despois foron xurdindo novas creacións...







“Un artista no es un tipo especial de persona sino
que cada persona es un tipo especial de artista.
Coomaraswamy"

DÍA DO PAI

Co motivo do día do pai estamos a falar dos nosos pais e estas son algunas cousas que contan:

( queridos pais : non volo tomedes a mal )

¿ cómo vos chaman os pais?

Paula: Cando saquei as rodas da bici, dicía: tía, ti o podes facer. Tamén me chama guapa
Óscar: O pai de Ana dime machooo, e o meu chamame cariño e xoga comigo o balón, lévame ó parque e a andar en bici.
Ana: A min chámame cariño e mi amor.
Andrea: A min tonta del bote, jejejej. Tamén di ven aquí pequerrechiña
Aarón: O meu xoga comigo ó miniarco, e me chama cariño
Iñigo: A min dime: bonitiño, xa estás aquí. Fun cortar o pelo.
Raquel: A mi no me llama ni fregona, ni agua, ni grifo. Me lleva al parque.
Nicolás: Bonito
Diego: El mío no me dice nada porque se va a trabajar.

¿ Cómo é papá?

Óscar: É un sol
Paula: É unha flor, un girasol
Diego: Dulce como la miel. Es una nube, porque es blandito.
Andrea: Dulce como el azúcar. É un fenómeno porque me arregla todo.
Aarón: Papá é como un árbol.
Iñigo: O meu é como a terra, porque da besitos. É imposible.
Nicolás: É un mosquito porque come comida.
Raquel: O meu é como un arcoiris, bonito.
Ana: É como una castaña. Es rico como una castaña.