NICK O RAPAZ SEN BRAZOS NIN PERNAS

Hoxe vimos esta mostra de superación:




Nós, tamén probamos a facer un debuxo sen utiliza-las nosas mans, e dímonos conta do difícil que é.





e se pica o nariz, rascamos contra a perna

CHAMOME DIEGO

e a primeira vez que es cribo  na  pajina guep do cole mencanta
diego

VISITA Á POLICÍA

O venres fomos visita-la policía local e protección civil de Tomiño. Algúns ían con un pouco de medo, pero pronto puideron ver que a policía está para axudarnos. Deixáronnos entrar no seu coche, proba-la sirena, a radio e tocar TODO. Entramos a ver cómo era o seu centro de traballo e ensináronnos as cámaras, taquillas, o armero... Despois os membros de protección civil tamén nos deixaron entrar no seu camión, tocamos o can que teñen para atopar desaparecidos e fixéronnos unha festa de espuma.


PEDRA DOS DESEXOS II

Decidimos crear unha caixa de barro para garda-la nosa pedra tan especial e tela nun caixón do noso dormitorio.

Mirade qué bonitiñas quedaron...







Estas son as fotos de todo o proceso de elaboración:

ESTRELIÑA DE FISTERRA

Dende que Anxo Moure veu visitarnos ó CRA, de cando en vez lemos algún dos contos solidarios.

Gústannos moito porque falan do respeto á Natureza, da Paz e doutros valores. Con plastillina fixemos algúns peixes do noso río e tamén a Estreliña de Fisterra que é protagonista dalgunha das súas historias.


PEIXES DO RÍO MIÑO


                                                      
ESTRELIÑAS DE FISTERRA ( CADA UNHA Ó SEU ESTILO ) 




MINÚSCULO

Estes debuxos gústannos moito...


A PEDRA DOS DESEXOS

Estivemos vendo o libro das hadas onde conta como elas recollen pedras dos desexos no bosque. Nós tamén recollimos no patio, as decoramos e....PROBAMOS A PEDIR UN DESEXO


Quero que non morra  ninguén e os que morreron que volvan vivir
Quero que o patio estea limpo
Quero ser médica para curar a papá e a mamá cando estean enfermos

Quero ter irmáns
Quero unha chaqueta de Bob Esponja

Quero ser grande
Quero ser grande para cortar co coitelo
Quero prantar sementes con mamá
Quero un irmán!!


CINE MUDO

Comezamos a ver algúns cortiños de cine mudo. Este é un dos que nos fai máis gracia.


A NOSA MASCOTA

Estamos creando a mascota da biblioteca de aula. Ainda non está rematada,pero pronto ímola mostrar no noso blogue.
Ahí vai un adianto:




BAILAMOS LADY GAGA

MENUDA MARCHA!!!!

REPRESENTACIÓN DO CONTO " A RATIÑA PRESUMIDA"

Representamos na escola de Amorín esta obra para os nenos e nenas de infantil do colexio de Sobrada, a escola de Amorín, Carregal e Piñeiro.
Reímonos moito, ainda que tivemos un pouco de vergoña...

DIA DA NAI

Os nenos e nenas da clase de Taborda estiveron facendo unha fror de froitas para regalar a´ mama: Fresas, platanos,sirope, paliños de chocolate e este foi o resultado...