UNHA VISITA MOI ESPECIAL

A semana pasada tivemos unha visita moi especial, na asamblea Adrián contounos que ía vir o seu avó para axudarnos a preparar a horta para prantar na primaveira. Qué sorpresa cando nos dixo que traeriá o seu tractor!!! Poderíamos montar? Ángela trouxera unha pedra que lle daba sorte así que a tocamos e pedímos un desexo: MONTAR NO TRACTOR DE MIRO.
Cando Miro chegou axudámoslle a limpar, arrincamos as herbas da horta, removimos a terra co abono e o desexo de todos cumpliuse!!!! Pásamolo moi ben, así que dende aquí agradecemos este día tan especial a Miro e esperamos que volva pronto.


Neste mes de outubro aproveitamos para facer unha saída por Taborda, obsevar o noso entorno no Outono e recoller follas, froitos, paus, piñas que despois utilizamos na aula para clasificar, investigar e crear. Grazas a Roberto, o pai de Carmen, por acompañarnos neste camiño e amosarnos tantas cousas!!

ÉRASE UNA VEZ...

Benvidos ó novo curso 2012-2013 na escola de Taborda!!!!Este vídeo petende amosar os nosos primeiros días no cole, cos compañeiros novos Álejandro e Martín, que aínda que levan pouco tempo, xa forman parte do grupo e disfrutan con nós das nosas vivencias na aula. Esta é unha pequena mostra do que estamos a facer neste comezo de curso. Benvidos a todos!!!