VISITA Á POLICÍA

O venres fomos visita-la policía local e protección civil de Tomiño. Algúns ían con un pouco de medo, pero pronto puideron ver que a policía está para axudarnos. Deixáronnos entrar no seu coche, proba-la sirena, a radio e tocar TODO. Entramos a ver cómo era o seu centro de traballo e ensináronnos as cámaras, taquillas, o armero... Despois os membros de protección civil tamén nos deixaron entrar no seu camión, tocamos o can que teñen para atopar desaparecidos e fixéronnos unha festa de espuma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario