ANIVERSARIO DE ESTELA


O 10 de Febreiro foi o aniversario de Estela, que cumpriu xa 6 anos!!! Despois das vacacións do Entroido celebrámolo na aula.

Comezamos o día facendo unha das cousas que máis lle gustan a Estela: disfrazarse e bailar.

Tamén lle agasallamos cos nosos debuxos.








E disfrutamos dunha rica merenda!!





Como xa sabedes, este ano na aula de Taborda apuntámonos a unhas merendas moi especiais coas que podemos traballar, ademais de bos hábitos de autonomía e alimentación, conceptos matemáticos e da linguaxe. A todos encántalles ser os cociñeiros e os camareiros e para que vexades que ben o pasamos neste momento do día aquí deixamos este vídeo.

CUMPREANOS DE MARTÍN

Aínda que van cun pouco de atraso aquí deixo unhas fotografías de cando celebramos que Martín cumpría 3 anos, no mes de Decembro. FELICIDADES!!!!

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

A semana pasada tivemos unha visita moi especial, na asamblea Adrián contounos que ía vir o seu avó para axudarnos a preparar a horta para prantar na primaveira. Qué sorpresa cando nos dixo que traeriá o seu tractor!!! Poderíamos montar? Ángela trouxera unha pedra que lle daba sorte así que a tocamos e pedímos un desexo: MONTAR NO TRACTOR DE MIRO.
Cando Miro chegou axudámoslle a limpar, arrincamos as herbas da horta, removimos a terra co abono e o desexo de todos cumpliuse!!!! Pásamolo moi ben, así que dende aquí agradecemos este día tan especial a Miro e esperamos que volva pronto.


Neste mes de outubro aproveitamos para facer unha saída por Taborda, obsevar o noso entorno no Outono e recoller follas, froitos, paus, piñas que despois utilizamos na aula para clasificar, investigar e crear. Grazas a Roberto, o pai de Carmen, por acompañarnos neste camiño e amosarnos tantas cousas!!