"A mente dun neno,ó igual que unha fror,é unha cousa viva.Non podemos facela medrar meténdolle cousas, ó igual que non podemos facer que unha fror medre pegándolle follas e petálos. Todo o que podemos facer é rodea-la mente en crecemento co que necesita para medrar, ter fe en que tomará o que necesita e medrará." John Holt
ESTAMOS DE VOLTA EN TABORDA!
A continuación amosámosvos algunhas das actividades que estamos a facer neste curso!
COMEZAMOS O CURSO
Xa levamos un tempo neste novo curso 2015- 2016, coñécendonos e vivindo experiencias novas. Así que dende aquí queremos darvos a BENVIDA á Escola de Taborda e presentarnos.
Iniciamos este ano con moita ilusión e esperamos que a través do noso blog poidamos mostrarvos as experiencias que vivimos na aula d Taborda. Un saúdo e benvidos a esta nova etapa.
O primeiro día comezamos con festa, MOITAS FELICIDADES para RUBÉN!!! QUE CUMPLIU 5 anos e deleitounos cunha tarta moi rica!
BENVIDOS Ó NOVO CURSO
O primeiro día comezamos con festa, MOITAS FELICIDADES para RUBÉN!!! QUE CUMPLIU 5 anos e deleitounos cunha tarta moi rica!
BENVIDOS Ó NOVO CURSO
A NOSA HORTA
Coa chegada da primaveira inauguramos na nosa escola unha horta chea de productos para degustar, esperamos que a colleita sexa productiva!!! Moitas grazas a Miro, o avó de Adrián, que con tanto agarimo nos ensina todo o proceso e coidados da horta.
PLANTAMOS
Neste mes de Xaneiro comezamos un proxecto coa asociacion de empresarios ACUBAM que a través de diversas actividades nos achegarán ó mundo da natureza e o seu coidado. Grazas Noemí por estas sesións.
BENVIDOS Ó NOVO CURSO
BENVIDOS Ó NOVO CURSO
Comezamos este ano na Escola de Taborda con novos e coñecidos compañeiros.
Comezamos este ano na Escola de Taborda con novos e coñecidos compañeiros.
CARMEN
SARAY
RUBÉN
DAVINIA
ADRIÁN
MARTÍN
ANIVERSARIO DE ESTELA
Comezamos o día facendo unha das cousas que máis lle gustan a Estela: disfrazarse e bailar.
E disfrutamos dunha rica merenda!!
Como xa sabedes, este ano na aula de Taborda apuntámonos a unhas merendas moi especiais coas que podemos traballar, ademais de bos hábitos de autonomía e alimentación, conceptos matemáticos e da linguaxe. A todos encántalles ser os cociñeiros e os camareiros e para que vexades que ben o pasamos neste momento do día aquí deixamos este vídeo.
CUMPREANOS DE MARTÍN
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
A semana pasada tivemos unha visita moi especial, na asamblea Adrián contounos que ía vir o seu avó para axudarnos a preparar a horta para prantar na primaveira. Qué sorpresa cando nos dixo que traeriá o seu tractor!!! Poderíamos montar? Ángela trouxera unha pedra que lle daba sorte así que a tocamos e pedímos un desexo: MONTAR NO TRACTOR DE MIRO.
Cando Miro chegou axudámoslle a limpar, arrincamos as herbas da horta, removimos a terra co abono e o desexo de todos cumpliuse!!!! Pásamolo moi ben, así que dende aquí agradecemos este día tan especial a Miro e esperamos que volva pronto.

Neste mes de outubro aproveitamos para facer unha saída por Taborda, obsevar o noso entorno no Outono e recoller follas, froitos, paus, piñas que despois utilizamos na aula para clasificar, investigar e crear. Grazas a Roberto, o pai de Carmen, por acompañarnos neste camiño e amosarnos tantas cousas!!
ÉRASE UNA VEZ...
Benvidos ó novo curso 2012-2013 na escola de Taborda!!!!Este vídeo petende amosar os nosos primeiros días no cole, cos compañeiros novos Álejandro e Martín, que aínda que levan pouco tempo, xa forman parte do grupo e disfrutan con nós das nosas vivencias na aula. Esta é unha pequena mostra do que estamos a facer neste comezo de curso. Benvidos a todos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)